35
- Cada mes subirase unha imaxe dunha peza ao Facebook municipal e quen acerte a autoría poderá quedar con ela
A Concellaría de Olaría de Malpica lanza o concurso Presumamos do noso orgullo oleiro! para visibilizar o potencial artístico e cultural deste oficio.
Cada mes publicarase no Facebook municipal a imaxe dunha peza de barro dalgún oleiro de Buño. Quen adiviñe a autoría dos artigos entrará nun sorteo e, de resultar gañador, poderá quedarse coa creación en cuestión. O Concello entregará ao premiado un pequeno documento con todos os datos da peza artística que deberá recollerse en persoa.
Desde a Concellaría animan á veciñanza a participar xa que tamén contribuirán a promocionar unha tradición que non deixa de evolucionar co paso dos anos.