Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Rural, que se conmemora cada 15 de outubro, o Concello de Malpica de Bergantiños xunto coa Asociación Visibles, organiza o I Encontro Interxeracional de Mulleres Rurais, que se celebrará o 19 de outubro ás 17:00 horas na Casa da Cultura de Seaia.
Nesta xornada xuntaránse mulleres de diferentes idades, parroquias e perfís laborais co obxectivo de compartir as experiencias da súa vida.
Ditas vivencias serán aproveitadas para avaliar como ten cambiado a situación da muller e do medio rural nos últimos 50 anos.
Destacaranse os logros e melloras obtidas e denunciaranse as inxustizas e desigualdades, nun intento de retratar á muller rural actual que entre todas representan; así como o papel clave que debemos desenvolver nesta sociedade cambiante e ameazada polo envellecemento e o despoboamento.