28
- O prazo para inscribirse abre este luns, 2 de maio
A Concellaría de Servizos Sociais de Malpica organiza unha viaxe cultural e de ocio a Asturias do 3 ao 5 de xuño. As persoas participantes visitarán Noreña, Oviedo, Avilés (cunha visita guiada polo casco histórico), a cunca do río Nalón (con parada no Museo da Minería de Asturias), Xixón (con entrada á antiga Universidade Laboral), Santa Catalina e a praia de San Lorenzo.
O custo total da excusión, por 3 días e 2 noites en réxime de aloxamento, é de 180 euros por persoa en habitación dobre. Unha individual terá un suplemento de 50 euros.
O prazo de inscrición abre o luns, 2 de maio, ata cubrir prazas. Será preciso anotarse no departamento de Servizos Sociais chamando ao 981 720 28.