Malpica participará nun encontro internacional sobre igualdade e liderado feminino na política local

A concelleira Noelia Freijeiro, representará ao Concello de Malpica no II Encontro Internacional de Mulleres Electas “As Eleitas”, que terá lugar os días 12 e 13 de marzo na cidade de Praia (Cabo Verde). Nesta iniciativa daranse cita máis de 130 alcaldesas e concelleiras de Galicia, Cabo Verde e Mozambique, nun espazo de intercambio de experiencias orientado a reforzar o papel das mulleres na vida pública e nos procesos de toma de decisións a nivel municipal. A participación neste encontro permitirá coñecer iniciativas desenvolvidas noutros territorios e compartir boas prácticas que contribúan a seguir avanzando cara a unha maior igualdade na política local.

O encontro está impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade xunto coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde, e conta co financiamento da Xunta de Galicia e da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) a través da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidaridade.

Related posts

O Concello de Ponteceso completa a reforma dos camiños de Tella e reforza a protección do polígono fronte aos incendios

O BNG levará a loita contra a macroplanta de biogás de A Laracha a todos os concellos do Anllóns

O PSdeG acusa ao PP e ao goberno galego de “poñerlle alfombra vermella” á planta de biogás de Soandres