Malpica pechará a programación polo 25N coa obra ‘A compañeira de piso’

1 minutes read
  • Será este domingo no Centro Cívico, cun aforo máximo de 30 persoas

O Concello de Malpica acollerá este domingo a obra de teatro ‘A compañeira de piso’ como colofón aos actos polo 25 de novembro, Día Mundial da Eliminación contra a Violencia á Muller. Será no Centro Cívico ás 19:00 horas, e para reservar asento é necesario chamar ao 981 72 00 01.

Con motivo da incidencia da covid-19, o aforo estará limitado a 30 persoas, polo que é imprescindible reservar asento.

Ademais, este sábado desenvolverase o obradoiro ‘Educando en Igualdade’, organizado pola Asociación Visibles. Vai dirixido a pais e nais e tamén terá lugar no Centro Cívico ás 11:30 horas. A asistencia é de balde, pero é necesario chamar ao número 687 996 633 debido ao aforo.