Malpica | Persisten as ameazas e insultos contra Alfredo Cañizo

Logo das pintadas ameazantes aparecidas nun banco de pedra e nun valo de publicidade esta pasada fin de semana con alusións directas ao concelleiro do grupo non adscrito, Alfredo Cañizo, que recentemente subscribiu unha moción de censura para darlle un cambio de goberno á vila de man do PP. Este martes o valo utilizado no seu día coa imaxe de Cañizo para promocionarse como candidato ás eleccións municipais de maio do 2019 baixo as siglas de Ciudadanos, situado na marxe dereita da estrada xeral AC-418 no lugar da Camuza, á entrada de Malpica, foi novamente atacado con pintadas sobre a imaxe de Cañizo e ademais engadíronlle a palabra «Ladrón», en maiúsculas e en letras negras. Estes actos están a ser condenados por veciños e visitantes, cualificándoos de «pouco dignos dun país civilizado». O alcalde, Walter Pardo, saíu ao paso desde un primeiro momento e tamén condenou os feitos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha