Malpica pon en marcha unha iniciativa de redución do uso do plástico

O Concello de Malpica de Bergantiños, a través da concellería de Medioambiente dirixida por Rodrigo Mato Garrido e a de promoción Económica e Comercio da man de Luís Miguel Fernández García, vai repartir entre os establecementos do comercio local unha bolsas fabricadas para intentar reducir o uso do plástico no día a día e concienciarnos do coidado do medio ambiente. Son feitas por Limpocean, asociación á que o Concello de Malpica lle encargou varias charlas e obradoiros de concienciación nos centros de ensino do municipio, así como varias limpezas de residuos nas súas praias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha