Malpica prepara a Cabalgata de Reis con buses polas parroquias

2 minutes read

A cita coas súas Maxestades de Oriente terá lugar este domingo 5 de xaneiro. Durante a xornada, os Reis Magos pararán nos seguintes puntos:

  • Parada na parroquia de Mens. Fronte ao Bar Secundino (10.45 horas).
  • Parada na parroquia de Barizo. No Campo da Festa, diante do Centro Sociocultural (11.30 horas).
  • Parada na parroquia de Vilanova. O lado da igrexa, fronte ao parque infantil (12.15 horas).
  • Parada na Casa da Cultura de Seaia (12.45 horas).
  • Parada dos Reis e paxes no Centro Sociocultural de Cambre (17.00 horas).
  • Parada da Cabalgata no Centro Sociocultural de Buño, Teleclub (17.30 horas).
  • Cantos de Reis na Carpa Real do Paseo Marítimo, zona do chiringuito (18.00 horas).
  • Parada da Cabalgata en Cerqueda (Aldeola). Explanada do Bar O Rally, fronte a gasolineira (18.15 horas).
  • Saída da Cabalgata do Centro Cívico (19.00 horas).
  • Chegada dos Reis Magos de Oriente e dos seus paxes a Carpa Real do Paseo Marítimo. Recepción dos nenos e nenas e chocolatada (19.30 horas).

Os horarios dos autobuses da Cabalgata de Reis serán os seguintes: 

Bus Nº 1:

  • 17.45 horas Mens – Parada na explanada do Bar Secundino.
  • 17.50 horas Barizo – Parada bus escolar (estrada xeral).
  • 17.55 horas Beo – Parada bus escolar.
  • 17.58 horas Seaia – Parada na Casa da Cultura.
  • 18.00 horas Vilanova – Parada adro da igrexa.

Bus Nº 2:

  • 17:50 horas  Cambre – Parada do bus escolar, Leixoada.
  • 17:55 horas Buño – Parada no Centro Sociocultural de Buño (Teleclub). Ao lado da igrexa
  • 18:00 Cerqueda – Parada fronte a gasolineira. Parada de bus.

Os autobuses descargarán aos pasaxeiros no Centro Cívico de Malpica con chegada entre as 18.15 e as 18.30 horas e sairán do Porto (Zona da lonxa) para as diferentes parroquias ás 21.00 horas.

En Leiloio, os Reis Magos de Oriente sairán da Feira Nova a partir das 18.00 horas e percorrerán a parroquia, a cita está organizada pola A.C. A Feira en colaboración co Concello de Malpica.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?