Malpica prepara un obradoiro moi doce para celebrar o Entroido

Obradoiro de doces no Entroido de Malpica_Concello

  • A actividade, dirixida a un público infantil, terá lugar no mercado municipal o sábado 5 de marzo

O concello de Malpica de Bergantiños organiza un obradoiro de cociña dirixido a nenos de entre 7 e 11 anos para que celebren o Entroido dunha forma moi doce.

Trátase dunha proposta que se desenvolverá o sábado 5 de marzo, coincidindo co sábado de piñata (o primeiro tras o mércores de Cinza) no mercado municipal. A actividade comezará a partir das 17:00 horas e as inscricións poderán realizarse media hora antes. Hai 25 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha