Malpica presenta a XVI edición do Certame de Poesía Erótica ‘Illas Sisargas’

Presentación Certame Illas Sisargas_Concello de Malpica

  • O tradicional concurso literario contará este ano cun único premio en metálico de 1.500 euros

O Certame de Poesía Erótica ‘Illas Sisargas’ chega este ano á súa XVI edición de man da concellería de Cultura do Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón. O premio deste ano consiste en 1.500 euros en metálico e a publicación da primeira edición da obra gañadora na colección Illas Sisargas da Editorial Calderón, cunha tirada de 400 exemplares.

Este mércores presentáronse as bases do concurso nun acto na Casa do Concello no que participaron o alcalde, Walter Pardo, a concelleira de Cultura, Leticia Naya, e o presidente da Asociación Cultural Caldeirón, Paco de Tano.

Ao igual que en anos anteriores, poderán optar ó premio todas aquelas autoras e autores que presenten un libro inédito de temática erótica en galego e que non recibira galardóns previamente. Os textos deberán enviarse en formato PDF ó correo electrónico premio@caldeiron.org ata a medianoite do 19 de setembro do 2021.

Máis información na web do Concello.