- Na programación tamén destaca a iniciativa “Queres falar cos Reis Magos?”
O Concello de Malpica presentou súa programación de Nadal que, coma a do resto dos concellos, está adaptada ao contexto sanitario motivado pola Covid-19. Destacan as actividades culturais, o mercado de Nadal e a iniciativa “Queres falar cos Reis Magos?”.
O 20 de decembro, Talía Teatro executará “Lambetadas” no Centro Cívico ás 17:30 horas, nunha obra apta para todos os públicos. Ao día seguinte “O castiñeiro do Apalpador” pasará polo CEIP Joaquín Rodríguez e polo Centro Cívico en horario escolar, para Infantil e Primaria.
O 30 de decembro, “O lobo bobo” de Elefante Elegante será representada no Centro Cívico ás 17:30 horas. Para as actuacións de teatro deberá reservarse praza no teléfono 981 720 001, debido a que o aforo será limitado.
Ademais, do 30 de decembro ao 5 de xaneiro, poderanse realizar as inscricións para falar cos Reis Magos a distancia, a través do teléfono 641 585 245. Toda a información en www.nadal2020.es.
Por último, lembrar que xa está aberto o prazo para solicitar un posto no Mercado de Nadal, onde a artesanía será a protagonista ata o 5 de xaneiro.