O Concello de Malpica, a través da súa Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, organiza un ano máis os obradoiros de Nadal, cuxo obxectivo é fomentar a aprendizaxe entre os nenos e nenas mediante obradoiros con diferentes temáticas que abranguen as tradicións do Nadal, as novas tecnoloxías e a artesanía. Os diferentes obradoiros, ideados para nenos de idades comprendidas entre os 3 anos ata os 12, e serán impartidos por profesionais do eido de cada un dos obradoiros ofertados.
O calendario é o seguinte:
- Obradoiro de Adornos de Nadal: 23 de decembro de 10.00 a 12.00 para nenos e nenas de de 8 a 12 anos e de 12.00 a 14.00 para idades comprendidas entre os 4 e 7 anos. O período de inscrición estará aberto ata o 20 de decembro
- Obradoiro de Robótica e Tecnoloxía: 27 de decembro no Centro Cívico de 16.30 a 18.00 para nenos e nenas de 4 a 7 anos e de 18.00 a 19.30 para nenos e nanas de 8 a 12 anos. O período de inscrición estará aberto ata o 23 de decembro
- Obradoiro de Barro: 28 de decembro na Casa do Oleiro de 17.00 a 19.00 para nenos e nenas a partir dos 5 anos. O período de inscrición estará aberto ata o o 23 de decembro
- Obradoiro de Nadal coas Redeiras: De 16.30 a 18.00 para nenos e nenas de 3 a 12 anos dividido en dúas xornadas: a primeira en Buño o 2 de xaneiro nas Escolas Vellas do CEIO JRO e a segundo en Malpica o 4 xaneiro no Centro Cívico. O período de inscrición estará aberto ata o 30 de decembro. Colaboran as Redeiras o Fieital