Malpica, presente nos premios aos mellores regatistas do Real Club Náutico de A Coruña

Mejores regatistas 2020 y 2021_Concello de Malpica

  • O Concello acollerá este verán etapas das regatas Illas Sisargas e Rías Altas, esta última puntuable para o Campionato de España de Altura

Esta fin de semana o Real Club Náutico de A Coruña celebrou un acto de entrega de premios aos mellores regatistas. Ao non poder celebrar este evento nos últimos dous anos debido á pandemia, nesta edición concedéronse os premios correspondentes ao 2020 e 2021, que recaeron en Marta Tábara e Fernando González del Castillo, respectivamente.

No acto estiveron o presidente do RCNC, Fernando Cobián; a concelleira de Deportes de A Coruña, Mónica Martínez; os presidentes dos náuticos de Sada e o Club del Mar de San Amaro; o comodoro do Náutico Ría de Ares; o alcalde de Laxe, Jose Luis Pérez, e a concelleira de Promoción Económica de Malpica, María del Pilar Doldán.

A presenza do Concello de Malpica debeuse a súa estreita relación co Real Club Náutico como organizador de regatas. Este verán celebraranse dúas que teñen etapa no porto malpicán: a XXXIV edición da regata Illas Sisargas (recalando en Malpica o 11 e 12 de xuño) e a Rías Altas, puntuable para o Campionato de España de Altura (28 e 29 de xullo).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha