O Concello de Malpica de Bergantiños está presente un ano máis na Semana Verde de Silleda, levando ata este importante escaparate turístico e comercial unha mostra do mellor da súa terra, mar, tradición, patrimonio, artesanía e deporte. O stand reúne algúns dos sinais de identidade que fan de Malpica un lugar único: a forza do seu litoral, a riqueza das súas tradicións, o valor do seu patrimonio, o saber facer dos seus artesáns e unha ampla oferta deportiva ligada á natureza e ao mar. O alcalde,Eduardo Parga, e a concelleira de Turismo, Noelia Freijeiro, acompañan a promoción do municipio neste evento de referencia para Galicia, tratando de dar a coñecer Malpica e todo o que ten que ofrecer aos milleiros de visitantes que pasan estes días pola feira.
0