Malpica promociona a alfarería de Buño cun novo sorteo en redes sociais

0 minutes read
  • Os participantes teñen ata este mércores (incluído) para adiviñar a autoría da peza e escribila nunha publicación en Facebook

A concellaría de Olaría de Malpica, co obxectivo de fomentar a tradición artística e tradicional da vila, lanzou este luns un novo sorteo no seu perfil de Facebook. Trátase dunha peza de alfarería de Buño que será entregada a aquela persoa que adiviñe a súa autoría ou a tenda/obradoiro ao que correponde a peza. Os participantes teñen ata este mércores (incluído) para deixar un comentario na rede social.