O Concello de Malpica continúa a promocionar a olaría de Buño, nesta ocasión coa súa presenza na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas, un dos eventos máis relevantes da Costa da Morte en Semana Santa. Visitantes da Mostra que se acheguen ó stand da olaría de Buño poderán contemplar como se fan en vivo as fermosas pezas elaboradas por artesáns da localidade.
Ademais este ano dende a concellería de Turismo, da que é responsable ó tenente alcalde Alfredo Cañizo, optouse de novo por participar no desfile de ‘ArtEncaixe’ no que os modelos mostrarán pezas realizadas polos oleiros de Buño. Dende o Concello de Malpica afirma que seguen a traballar os 365 días do ano para que a olaría de Buño teña o seu peso no mercado da artesanía tanto a nivel galego, español como internacional.