48
- Alalá Teatro representará a obra ‘Onde nace o fume’ en xullo e agosto.
O Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza visitas teatralizadas ao Ecomuseo Forno do Forte (Buño) durante os sábados 16 e 23 de xullo, así como o 13 e 20 de agosto, de 12 a 13 horas.
Yago Espasandín e Raquel Crespo, integrantes de Alalá Teatro, representarán ‘Onde nace o fume’, unha obra que narra a reflexión de dous irmáns oleiros durante os anos 40.
A actividade é gratuíta e non precisa inscrición.