- Celebrarase na Praza de Abastos os días 18 e 19 deste mes
O Nadal vívese de moitas formas e iso sábeno ben en Malpica, onde a Concellería de Cultura organizou un mercado artesanal que se desenvolverá a próxima fin de semana, sábado 18 e domingo 19, na Praza de Abastos.
No ‘Mercado artesán de Nadal’ haberá diversas actividades como actuacións de música tradicional galega, obradoiros de cestería ou unha chocolatada.
Sábado 18
11:00. Apertura do mercado
13:00. Meigallo Pandereteiras
16:30. Obradoiro de instrumentos musicais con Percusións Lobera (dirixido a nenos)
16:30. Obradoiro coas redeiras O Fieital (dirixido a nenos)
18:00. Chocolatada
18:30. Visita do Apalpador Cía Pajarito
Domingo 19
12:00. Apertura do mercado
12:30. Os Viqueiras e Cabezudos
16:30. Obradoiro de macramé con Vivo Macramé (dirixido a adultos). Inscricións no teléfono 698129203
16:30. Obradoiro de cestería con O Son das Varas (dirixido a nenos)
18:00. Chocolatada
18:30. Cé Orquestra Pantasma (Home orquestra)