Malpica reabre o parque infantil do casco urbano tras as obras de acondicionamento

1 minutes read
  • A intervención consistiu principalmente no arranxo da pista deportiva e na reparación dos bambáns

O Concello de Malpica acaba de reabrir o parque infantil do casco urbano despois de que finalizasen as obras de acondicionamento que se realizaron no lugar durante as últimas semanas.

Os traballos incluíron o arranxo e adecuación da pista deportiva e o pavimento da zona de xogo. Tamén se repararon os bambáns e varias placas de madeira, ademais de executarse unha limpeza xeral das instalacións.

O seu horario de uso será de 9:00 a 21:00 horas todos os días da semana. Coa súa reapertura incrementaranse as tarefas de vixilancia co obxectivo de evitar actos vandálicos e xuntanzas fóra das horas establecidas, buscando así velar pola conservación do parque. Para isto, desde o goberno local pediron a colaboración da veciñanza e alertaron que as autoridades competentes «sancionarán calquera acto incívico que se dea na zona e no resto do municipio”.