O Concello de Malpica reforza a súa decidida aposta pola Vía Céltica mediante o inicio das tarefas de sinalización deste itinerario.
A Vía Céltica, recentemente incorporada como ruta oficial de peregrinación a Santiago de Compostela, permitirá que os camiñantes que partan desde Malpica ou Barizo poidan obter a Compostela.
Ademais, tamén anuncia un acto de presentación, previsto para despois do Nadal, do paso do Camiño polo municipio no que se promocionará ante peregrinos parte do patrimonio histórico e paisaxístico de Malpica.
A Concelleira responsable da área de Patrimonio, Noelia Freijeiro, celebra “poder compartir dun xeito oficial os tesouros do Concello con todos os peregrinos que transiten esta vía” e incide no compromiso de “ofrecer unha ruta coa que namorarse de toda a beleza que ofrece Malpica”.