Malpica recada 2.000 euros co concerto benéfico ‘Isla Bonita’

1 minutes read
Las Antonias_Cedida
  • O diñeiro irá destinado a entidades animalistas da illa de La Palma

O festival solidario ‘Isla Bonita’, organizado polo Concello de Malpica e a asociación Salitre, conseguiu recadar 2.075 euros para destinar a asociacións animalistas da illa de La Palma.

O evento, celebrado o pasado sábado en Canido, contou coa participación dunha ducia de bandas de Malpica e doutras zonas da provincia da Coruña. Entre os grupos e artistas convidados estiveron o Mago Carlangas, Meigallo da ACD Carcaxía, Gaiteiros da AC Malante, Salitre no Pupitre, Xurxo Souto, O Pau Ke Vira, Juampiños, Improvisóns, Cantareiras da AC Raigañas, Las Antonias, Amenaza de Muerte e DJ SIL.

Tanto o Concello como a asociación Salitre queren trasladar o seu agradecemento ás máis de vinte entidades e empresas colaboradoras na causa.