Malpica recibirá o mes de decembro cun festival de rock

Cartel Festival Malpica Rock_Concello

  • O Malpica Rock celebrarase na rúa Eduardo Vila Fano o próximo 4 de decembro

Despois da ponte do Pilar a xente xa comeza a prepararse para os días festivos da Inmaculada Concepción. Por este motivo, desde a Concellería de Turismo e Festexos do Concello de Malpica poñen en marcha o festival Malpica Rock, que se celebrará o sábado 4 de decembro nunha carpa situada na rúa Eduardo Vila Fano.

As actuacións darán comezo ás 21:30 horas e os asistentes poderán desfrutar de bandas musicais galegas e internacionais, como é o caso de 58 Shots, un dos grupos «máis excitantes que xurdiron na escena musical francesa», destacan desde o goberno local. Ademais, tamén se achegarán ata a vila a banda larachesa Ambigüo, El Puto Antón + artistas convidados e Recambios Tucho.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha