Malpica | Recollidos 120 quilos de lixo mariño nunha nova xornada de limpeza na praia de Seaia


Un grupo de vinte voluntarios de Malpica -entre eles, o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Fernádez Mirás – limparon este domingo a praia de Seaia. Foi a través dunha iniciativa sostible co medio ambiente no que participaron a Asociación limpOcean e o Concello de Malpica. Entre todos recolleron 120 quilos de lixo mariño sobre todo plástico. Ambas entidades informan de que nos próximos días anunciarán máis iniciativas nesta liña que xa se están a preparar.