O alcalde, Eduardo Parga, emitiu un comunicado este xoves informando que segundo as analíticas realizadas se confirma a ausencia de trihalometanos e o cumprimento dos parámetros establecidos pola Consellería de Sanidade na auga de consumo da Rede Municipal, polo que é apta para o consumo humano na distribución que afecta ao depósito de Monte Neme que dá servizo ás zonas de:
Leiloio e Cambre:
🔹 Brión
🔹 Cambre
🔹 Empalme
🔹 Feira Nova
🔹 Pedrosa
🔹 Trémoa
🔹 Piñeiro
🔹 Rabuceiras
🔹 Vilar
🔹 O Castro
🔹 Choupana
🔹 Oratorio
🔹 Pernes
A agua tamén é apta para o consumo humano na distribución que afecta ao depósito de Nariga que dá servizo a todos os lugares de Barizo e Mens. O que se fai público para o coñecemento xeral á espera dos resultados do resto das zonas afectadas polas restricións, polo que este xoves será o último día de reparto de agua nas zonas afectadas.