Malpica recupera como apta para o consumo a auga do depósito das Papeiras

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, emitiu un bando este venres informando que segundo as analíticas realizadas confírmase a ausencia de trihalometanos e o cumprimento dos parámetros establecidos pola Consellería de Sanidade na agua de consumo da Rede Municipal, polo que é apta para o consumo humano na distribución que afecta ao depósito das Papeiras que dá servizo ás once zonas seguintes: Filgueira, Pasacondía, Aldeola, Os Barreiros, O Ceán, Fonte dos Bois, Taraio, Piñeiros, Vilarnovo, Seixas e Santiso. En total, máis de 400 veciños e veciñas que poden pasar a usar este servizo con normalidade. A partir de agora, nos vindeiros días a Xunta volverá a realizar diferentes analíticas para determinar o seguimento da potabilidade deste e doutros suministros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha