230 nadadores e nadadoras participaron este domingo 15 de agosto na travesía Sisargas-Malpica, que volveu con enerxías renovadas tras o parón do ano pasado pola pandemia. A proba de longa distancia, de 3.000 metros, saíu do porto e chegou á praia, da que saíu tamén a proba de 1.000 metros e onde destacou o gran ambiente e a animación do público, cumprindo con todas as medidas de seguridade. Cristian Fernández logrou a primeira posición en categoría de 3.000 metros, seguido de Manu Regueiro. En feminina gañou a proba Ana Veiga, seguida de Ana Pérez Garcia-Pichel. En canto á categoría de 1.000 metros, quedou en primeira posición Manuel Souto seguido de Hugo Souto, e en feminina Catalina López con Joana Fernández en segunda posición.
30