36
- Este contedor está destinado a plásticos, latas e bricks
O paseo marítimo de Malpica conta desde este xoves cunha eco-nasa, cuxa función é colectar residuos inorgánicos. «Este contedor está destinado para o depósito de envases, plásticos, latas, bricks ou outro tipo de elementos que habitualmente se colocan no colector amarelo», explican desde o Concello.
Malpica, a través da concellería de Medio Ambiente, continúa promovendo iniciativas deste tipo para «loitar contra a contaminación e promover unha convivencia sostible no termo municipal», sinalan desde o Goberno local, xa que «o futuro está nas nosas mans».