Malpica renova coa Deputación o convenio de xestión do Ecomuseo Forno do Forte   

0 minutes read

Este xoves celebrouse na Coruña a sinatura da renovación do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Malpica para a xestión integral do Ecomuseo Forno do Forte en Buño, cuxa vixencia entrará en vigor dende o 1 de xaneiro do 2023 ata o 31 de marzo do 2024 por un importe de 70.000 euros.
O convenio foi asinado polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado de Patrimonio Provincial e Equipamento, Xosé Luís Penas.