Malpica reparte hoxe luns auga embotellada polas parroquias

1 minutes read

Tras ser declarada non apta para o consumo a auga da traída, o Concello de Malpica puxo en marcha un plan de choque para atender á poboación. Farase a repartición polas parroquias hoxe luns nos seguintes lugares e horarios:

10.00h a 11.00h Seaia.
11.00h ás 12.00 Barizo
12.00h ás 13.00h Campo da Festa de Mens.
10.00h ás 11.00h Campo da Festa de Cerqueda
11.00h ás 12.00h Campo da Festa de Buño na Igrexa.
12.00h ás 13.00h Casa dos Veciños en Leiloio.
16.00h ás 17.00h Campo da festa en cambre xunto a igrexa.