Malpica reparte miles de máscaras

1 minutes read

O alcalde, Walter Pardo, agradece a “total disposición dos integrantes do Goberno. Esta batalla non entende de cores e temos que ir nunha única dirección”, di o edil. O material, comprado polo consistorio malpicán, é TNT, o recomendado polas autoridades sanitarias. Foi confeccionado por costureiras de Malpica, ás que desde o Concello “agradecerémoslles eternamente o seu compromiso”, sinala.

Desde a comisión de coordinación da COVID-19 destacan que “ isto é un labor que nos implica a todas e todos, xa que esta batalla só podémola gañar xuntas e xuntos. Sempre nos atopamos moi boa disposición tanto por parte da veciñanza como das persoas voluntarias, e iso é fundamental”, destaca.

O alcalde, Walter Pardo, sinala que “estamos nunha situación complicada, que require un esforzo extra por parte de moitos colectivos pero ímolo lograr, estamos nesa dirección e así será; estou convencido”.