O Centro Cívico de Malpica acolleu unha sesión explicativa sobre o uso correcto dos composteiros, impartida polos xerentes da empresa RGR SOSTENIBLE S.L.
Ao finalizar a charla, aos veciños que así o solicitaran previamente, entregóuselle o composteiro e un manual facilitado por Sogama. Dende agora 25 fogares do Concello de Malpica comezarán a facer compost e levar a cabo prácticas sostibles e respectuosas co entorno.
Todos aqueles veciños que desexen un composteiro poden solicitalo nas oficinas do Concello en horario habitual. Dende a Concellería de Medioambiente, continúan apostando pola reciclaxe e lanzan tamén, como xa vén sendo habitual, unha nova ruta de recollida de residuos urbanos especiais.
A veciñanza que o precise pode contactar coa empresa responsable da recollida, a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com. E mandan unha mensaxe de gratitude por contribuír a preservar o medio ambiente reciclando.