40
O Concello de Malpica procedeu durante esta semana ao reparto de material sanitario e de seguridade polos centros escolares municipais coincidindo co novo inicio do curso escolar para Infantil e Primaria. O alcalde, Walter Pardo, e o concelleiro de Promoción Económica e Benestar, Sergio García, entregaron lotes de máscaras sanitarias e difusores de xel hidroalcólico, para que os estudantes vexan garantida a súa seguridade. O rexedor quixo trasladarlle ánimos ‘tanto aos pequenos como ás familias por este novo curso que comeza. Sabemos que é unha época incerta pero estaremos do seu lado para garantir a súa seguridade, cento por cento’, asegurou o primeiro edil.