Malpica retoma a actividade do mercado ao aire libre dos sábados coa mirada posta na seguridade das veciñas e veciños. O alcalde, Walter Pardo, comentou a este respecto que «volverá a actividade da praza, pero coas medidas hixiénicas e sanitarias pertinentes». Antes da pandemia provocada pola COVID-19, esta era unha actividade á que acudían moitas veciñas e veciños de Malpica, e unha das que se tivo que suspender debido ao estado de alarma. Unha vez decretado o levantamento do mesmo, decídese retomar e dinamizar o mercado, ao aire libre, para o que se contará con xel hidroalcohólico que estará ao dispor das veciñas e veciños, será obrigatorio o uso de máscara sanitaria e recomendable manter o distanciamento social a condición de que sexa posible. O alcalde, Walter Pardo, insta a «facer un uso responsable deste espazo, evitando aglomeracións. Aínda non finalizou o incidente do virus e temos que volver, de maneira gradual, á nosa vida anterior pero sen perderlle o respecto».
43