Malpica retoma as manualidades para persoas maiores e con diversidade funcional

PIXABAY

  • As actividades foran suspendidas en xaneiro debido ao gran número de contaxios por Covid-19

O próximo xoves, 3 de marzo, retomaranse os obradoiros de manualidades para as persoas da terceira idade e con diversidade funcional no Concello de Malpica. Os talleres impartiranse os martes e xoves, de 15:45 a 14:45 horas, na Casa do Oleiro de Buño; mentres que no centro cívico de Malpica serán en horario de 18:00 a 20:00 horas.

Estas actividades foran suspendidas no mes de xaneiro debido ao alto número de contaxios por Covid-19, rexistrándose este martes un total de 36 positivos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha