- A actividade desenvolverase o sábado 14 no río de Vaa
Tras ser aprazado no mes de abril debido ao mal tempo, o espectáculo Muiñada xa ten data: sábado 14, no río de Vaa. Esta obra de teatro, organizada polo Concello de Malpica, vai dirixida a un público familiar que poderá gozar de xogos, lendas, tradicións e música no medio da natureza.
A compañía Galeteatro comezará a actuación ás 17.30 horas, e unha hora despois realizarase unha visita guiada pola contorna da área
recreativa do río de Vaa.
Acudir é gratuíto pero será necesario inscribirse antes do inicio da actividade, que conta co apoio da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes así como do departamento de Cultura da Deputación de A Coruña.