Malpica reubica as actividades do Entroido polo mal tempo

0 minutes read

Debido ás previsións meteorolóxicas, as actividades do Entroido previstas para realizarse o domingo día 11 de febreiro pola tarde (Desfile Infantil organizado pola AC Malante, o Concurso de Disfraces e Comparsas, o Concurso de Piñatas e a actuación da Charanga ACDC organizados polo Concello de Malpica), trasladaranse ao Pavillón Polideportivo de Malpica, nos mesmos horarios que estaban previstos.