Dende o Concello de Malpica afirman que seguen a traballar para potenciar as diferentes rutas do municipio. Neste caso, o itinerario da Vía Céltica foi sinalizada os pasados días con setenta pezas feitas en barro. Algunhas delas foron sustraídas durante este pasado martes polo que, tanto dende a concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes como o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, piden á cidadanía que respecte as placas de sinalización da ruta que son fundamentais para poder guiar aos viaxeiros que queiran realizala.