Malpica solicitará 173.000 euros á Deputación para adquirir un tractor desbrozador e un camión

Concello de Malpica

  • O ente provincial achegaría o 80% do custo total, que se cifra en 217.493 euros, e o Concello o 20% restante

A corporación municipal de Malpica aprobou no pleno celebrado este xoves, e por unanimidade, solicitar á Deputación da Coruña unha subvención para adquirir un tractor con brazo rozador e desbrozadora e un camión con caixa basculante e grúa. A axuda, de concesión directa, alcanza os 173.995 euros e permitiría cofinanciar esta iniciativa. O ente provincial achegaría o 80% do custo total, que se cifra en 217.493 euros, e o Concello o 20% restante, 43.498 euros.

O goberno local sinalou que a través desta adquisición seguen a mellorarse os servizos do municipio «co obxectivo de acondicionar diferentes espazos dunha forma máis eficiente e rápida con este novo equipamento».