32
Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra o Cancro de Mama, a Casa do Concello de Malpica loce, desde este luns, unha pancarta baixo o lema «Únete ao rosa».
Con esta mensaxe, o goberno local e a corporación enviaron o seu apoio e forza a todas as mulleres que loitan e loitaron para superar esta enfermidade, reivindicando a necesidade de seguir investigando para avanzar no seu tratamento.
