- O mércores 15 repartiranse bolsas solidarias nas oficinas xerais do Concello, e de Cultura e Servizos Sociais no Centro Cívico
A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Malpica, xunto coa asociación CEAM&N (Centro de Axuda Muller & Nenos), súmase á celebración do Día Internacional das Familias cunha mensaxe contra a violencia de xénero a través dunhas coloridas bolsas que poderán recollerse ao longo da mañá do mércores 15, de balde e ata fin de existencias, nas oficinas xerais da Casa do Concello e nos departamentos de Cultura e Servizos Sociais, no Centro Cívico.
O 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias, instituído polas Nacións Unidas no ano 1993 para crear conciencia sobre o papel fundamental das familias na educación dos fillos dende a primeira infancia, e sobre as oportunidades de aprendizaxe permanente que existen para nenos e mozos.