Malpica súmase de novo ao proxecto ‘Pintar na rúa’

Cedida

  • Actualmente estase completando o pintado do recentemente inaugurado parque infantil da vila

No concello de Malpica xa está en marcha ‘Pintar na rúa’, o obradoiro de pintura e recuperación de espazos urbanos no que colaboran a Administración local e a Consellería de Educación e Cultura.

Este taller, destinado a rapazada de entre 6 e 14 anos, pretende «encher de vida e cor as rúas do municipio ao mesmo tempo que a xuventude malpicá se forma neste ámbito», destacan desde o Goberno local.

Actualmente estase completando o pintado do recentemente inaugurado parque infantil de Malpica. Neste caso trátanse de motivos relacionados co mar, a súa fauna e a súa flora.

Malpica foi un dos primeiros municipios da Costa da Morte no tratamento artístico de espazos degradados polo paso do tempo, comezando xa no ano 2014 co muro exterior do Centro Cívico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha