Malpica | Suspendidos os obradoiros de memoria e informática para persoas maiores

PIXABAY

  • Quedan aprazados ata novo aviso debido ás novas restricións da Xunta

O Concello de Malpica suspende os obradoiros de memoria e informática para persoas maiores que deberían comezar o próximo 27 de outubro. Esta decisión prodúcese despois das restricións decretadas por Sanidade, pois nas aulas non pode haber máis de 5 personas reunidas.

Desde o goberno local confirman que ‘non hai data exacta para retomar as actividades’ pero que analizarán o contexto actual para ‘retomar os obradoiros e garantir a seguridade das persoas inscritas’.