Malpica | Taller de prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio

PIXABAY

O ISSGA da concellería de Malpica organiza un Taller de Prevención de Riscos Laborais en Tarefas a Domicilio e Atención á Dependencia. As clases Terán lugar no O Centro de Artesanía e Tradición de Buño os días 24 de setembro e 1, 8 e 15 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os interesados e interesadas xa poden inscribirse chamando ao 981 720 280. As prazas son limitadas e terán preferencia aquelas persoas que están en activo como auxiliar a domicilio e tamén os veciños e veciñas do concello. O prazo para apuntarse remata o vindeiro 15 de setembro.