Malpica | Talleres de manualidades para persoas maiores e con diversidade funcional

Cedida

  • As actividades desenvolveranse no centro cívico e na Casa do Oleiro (Buño)

Volven os talleres de manualidades ao concello de Malpica. Nesta ocasión estarán dirixidos a persoas maiores e tamén con diversidade funcional. Desenvolveranse a partir do 16 deste mes no centro cívico municipal (martes e xoves de 18:00 a 20:00 horas) e tamén na Casa do Oleiro de Buño (martes e xoves de 15:45 a 17:45 horas).

As prazas son limitadas e concederanse por orde de inscrición. Máis información no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 72 02 80.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha