Malpica terá Festas do Mar con música, animación e procesión marítima

1 minutes read

Ante a polémica xurdida nas últimas semanas, nada que ver coa realidade, o Concello de Malpica está a traballar para apoiar ao veciño Pedro Pérez Martelo e ao vecindario para a celebración desta cita tan importante para a vila e en particular para a xente mariñeira.

Serán catro xornadas nas que haberá verbenas, sesiones vermú, pasarúas, actos relixiosos e por suposto procesión marítima. O programa arrincará este xoves día 20 cunha verbena na zona do travelift con La Bamba e DJ Roy.

O venres, a A.C. Malante percorrerá as rúas co seu pasarúas, mentres, o Dúo Venegay encargarase da sesión vermú e pola noite estarán no porto Os Platinos e os DJs Sara Pose e L. Macaro.

O sábado abrirá de novo a xornada musical a A.C. Malante. A solista Judith de Cundíns amenizará a sesión vermú e pola noite on Grupo Alkar e a discomóvil CDC serán os protagonistas.

O domingo haberá de novo pasarúas da A.C. Malante, ás 12.30 horas terá lugar a misa solemne. Laura Añón, Eric Hidalgo e J.J. Compota serán os encargados de animar a sesión vermú. Ás 17.30 horas terá lugar a procesión marítima, prato forte desta celebración centenaria.