21
Con motivo do Día Mundial da Limpeza e o Día Mundial das Praias, a concellería de Medio Ambiente de Malpica e Limpo Ocean organizaron unha quedada para limpar a praia de Seiruga.
Na limpeza participaron máis de 20 persoas e conseguiron recoller do areal sobre 350 quilos de lixo: arredor de 150 das obras e uns 200 de lixo en xeral.
O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, agradecen a colaboración cidadá nesta acción medioambiental que axuda a mellorar a situación do entorno natural.