Malpica únese á loita contra a «basuraleza»

  • A iniciativa parte de Buceo Malpica, que conta coa colaboración do Concello

A III edición da inicitiva «1m² por la naturaleza» chega a Malpica da man de LIBERA e tamén grazas á Buceo Malpica. Este proxecto pretende concienciar á poboación sobre o problema da basuraleza nos espazos naturais do noso país.

A basuraleza converteuse nun grave problema que afecta a toda a sociedade. Frear o seu impacto é o labor que realiza LIBERA, o proxecto de SEO/BirdLife, en colaboración con Ecoembes. A iniciativa «1m² por la naturaleza» é a gran cita anual de recollida colaborativa de residuos abandonados na natureza a nivel nacional e este ano, Galicia súmase a este proxecto para liberar de residuos as súas contornas naturais.

O Concello de Malpica quixo sumar esforzos para acabar coa basuraleza e convidar a toda a cidadanía a sumarse á iniciativa de Buceo Malpica para realizar unha limpeza no porto.

Data e horario: sábado 22 ás 09.00 horas

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no teléfono 630677910 ou no e-mail buceomalpica@hotmail.com.

Cartel da iniciativa Libera

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha