Malpica | Unha ducia de bandas participarán no concerto benéfico ‘Isla Bonita’

Cartel Isla Bonita_Concello de Ponteceso

  • A axuda recadada destinarase a asociacións animalistas da illa da Palma, que segue afectada pola erupción do volcán de Cumbre Vieja

O Concello de Malpica e a asociación cultural e deportiva Salitre fixeron público o cartel para o festival ‘Isla Bonita’, un concerto benéfico a favor das asociacións animalistas da illa da Palma, que segue a estar gravemente afectada tras a erupción do volcán Cumbre Vieja. Un total de doce bandas confirmaron a súa presenza neste evento que se celebrará o próximo 23 de outubro, a partir das 16:00 horas, no aparcadoiro de Canido.

Entre os grupos e artistas convidados atópanse o Mago Carlangas, Meigallo da ACD Carcaxía, Gaiteiros da AC Malante, Salitre no Pupitre, Xurxo Souto, O Pau Ke Vira, Juampiños, Improvisóns, Cantareiras da AC Raigañas, Las Antonias, Amenaza de Muerte e DJ SIL.

O aforo estará limitado e será necesario confirmar a asistencia enviando un correo electrónico a salitremalpica@gmail.com, indicando nome e apelidos de cada solicitante ademais dun teléfono de contacto.