- No Concello organizaranse talleres e actividades nos que se abordará a problemática da violencia machista
Con motivo do 25N, Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller, a área de Igualdade da Deputación da Coruña puxo en marcha a campaña ‘DE FRONTE á violencia de xénero’. A esta iniciativa súmase o Concello de Malpica, que ofrecerá un programa de actividades e talleres virtuais nos que se abordarán cuestións de gran interese para profesionais que traballan día a día con mulleres como para toda a cidadanía.
Ademais, desde Igualdade están ultimando os detalles para celebrar outro acto realizado por especialistas que tratan con vítimas de violencia. Nos próximos días presentaranse o programa.