Malpica vestirase de versos na Cea das Letras 2025 co fallo do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas  

O sábado 22 de novembro, ás 20.00 horas, Malpica de Bergantiños volverá acoller unha das citas literarias máis queridas, a Cea das Letras 2025. A Casa do Pescador será o escenario dun encontro que combina literatura e poesía.

Durante o acto celebrarase o fallo do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, un dos eventos máis singulares do panorama literario galego. A continuación, terá lugar a tradicional cea, un momento perfecto para compartir conversa e celebrar as letras arredor da mesa.

O prezo da cea é de 20 euros e as reservas poden facerse nos teléfonos 649 507 285 ou 981 707 104.

Organiza a asociación Caldeirón, coa colaboración da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio, Deporte e Turismo do Concello de Malpica de Bergantiños.

Related posts

Vieiro pon en funcionamento o programa “Pais e Nais no Océano Educativo”

Detectado un foco de gripe aviaria en Cee

Vimianzo acenderá as súas luces de Nadal o vindeiro 5 de decembro